BIOMÚSICA

Xabier Vizcaíno volve cun novo traballo íntegramente en galego. Un libro disco que leva por título “Neno de Monte” onde fai unha homenaxe ao mundo rural; ás xentes, ó mar e ó monte onde reside o autor. O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engraxadas e que contan historias de monte e de mar que foron creadas en “A Palleira”, o estudo de gravación que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole.

O videoclip “Camiños” abriu a lata deste fermoso traballo e foi filmado tamen na Terra Brava, no Incio, entre o encoro de Vilasouto e a súa propia aldea de Goo.

O libro está ilustrado dixitalmente coa técnica chamada de “tramado cruzado”. Andrés Wolf foi quen a levou a cabo. Este artista colombiano colabora con Xabier xa desde o primeiro traballo.

“Eiquí me tés; dando leria ós meus silencios,
na memoria dun neno labrego“.

A meus abuelos. Sempre comigo.

Xabier Vizcaíno.

“Diáspora” foi o seu segundo traballo, once historias ou momentos que foi encontrando na súa xira/viaxe por toda latinoamérica en 2013 onde aterrou cunha maqueta de cinco cancións “Millones de kilómetros”. Paseou esas melodías por Colombia, Perú, Bolivia,Chile, Arxentina, Uruguay e Brasil; ademais de servirlle para seguir facendo camiño e afianzar a sua maneira de crear cancións tamen para medrar moito como persoa e artista.

Neste traballo discográfico conseguiu unha nova coleción de cancións con selo propio e que o levou por moitos lugares, embarcándose en 2018 nunha xira de oito concertos por México presentándose nos estados de Mexico DF, Leon GTO, Guadalajara, Morelia, Guanajuato, Puebla e o pobo máxico de Bernal.

Co seu primeiro traballo “Alas de papel”, Vizcaíno presentou estas dez pezas por todo o estado español e en 2015 pisou Arxentina para realizar unha xira de quince concertos co apoio de Retrovan Records.