VIZCAÍNO MÚSICA Xabier Vizcaíno volve cun novo traballo íntegramente en galego. Un libro disco que leva por título “Neno de Monte” onde fai unha homenaxe ao mundo rural, ó monte onde reside o autor.

Biografía

Xabier Vizcaíno volve cun novo traballo íntegramente en galego. Un libro disco que leva por título “Neno de Monte” onde fai unha homenaxe ao mundo rural, ó monte onde reside o autor.

O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engrasadas que contan historias que foron creadas na Palleira, o estudo de traballo que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava. Iso dalle forza para seguir facendo camiño nesta carreira de fondo.

Sobre as súas cancións

As súas letras falan de forma profunda e directa do mundo que lle rodea, das vivencias como camiñante neste mal ordenado desastre, baixo a batuta do amor, o desamor, o valor dos pequenos detalles, a inxustiza social, co adobo dos instantes perfectos e lixeiros que a vida lle vai agasallando.
Son cancións nobres e sinceras onde o artista se puxo ó fronte. como nos anteriores traballos, da producción.

Xabier Vizcaíno encargouse de tocar, cantar, gravar, mesturar e optimizar o disco aínda que contou coa colaboración de amigos de recoñecida traxectoria musical como Tito
Calviño, Roi Maceda, Pachi Cruz, Lucía Pérez ou o colombiano Juan Guevara.

Escúchalo en:

Contacta con Vizcaíno a través de:

FACEBOOK

TWITTER